noticias M.Bonabal: meu texto ó FILOFÉ ROIS -Arte Postal.Pintura-

20/11/2006

meu texto ó FILOFÉ ROIS -Arte Postal.Pintura-

lido o día 18 novembro 2.006 (Rois)
A ARTE POSTAL, UN CADRO INACABADO
esencia: pintar
ausencia: o correo postal
presencia: a obra existe
Xa que dende o primeiro envío de arte postal comezou unha obra, un cadro inacabado que ten tanta extensión como remate en facer aportacións nese circo postal.
Pintar eme-vos como respirar, pensar. Meu xeito de facer cálculos eo con lápis na man: non podo pensar se non é escarabullando no papel e levando a dúas dimensións necesidades e ansiedades. Tamén comunicar, falar dende unha AUSENCIA física da persoa por medio dos cores, a outras nos moitos dos casos descoñecidas, pero que sempre teñen algún eco que florece polas mañás cando a carteira sementa a miña caixa de correos con ramos desestructurados, fora de calquera normalización que a creatividade é quen de reportar.
O mundo convirtiuse en algo tan pequeno como o tamaño de cada pintura. Non ten máis, remata onde o papel cambia de textura para converterse en mesa. E eu dou tantas voltas o seu ecuador como respostas reciba, ou sorpresas de mail artistas novos que xorden de non sei ónde e enchen de ledicia con novas que fan a AUSENCIA PRESENCIA. Recibi-lo eco, resposta presente.
Unhas conversas que afastan intereses, egoísmos de contraprestacións que non sexan as emocionais. ¿Quén dí que a perfección non existe?: non lle atopo neste xeito de estar inconvintes que non poidan suplirse coa imaxinación. Sempre adoptando canto de revés poida achegarse, domesticando dificultades e facéndoas novas materias coas que revestir outro novo mundo, unha nova obra, unha peza que voe postalmente e leve nas mesturas que manchan: terras, pigmentos, madeiras, tecidos e moitas máis ESENCIAS que conforman un xeito de comunicarse no que non hai falas inintelixibles.
Todos cantos rimos a ritmos dás epístolas de cor, entendémonos. Un esperanto de corta e pega. Faime gracia, esta mañá recibín unha tableta de chocolate que mandou Barbara dende Berlín… e dín que a arte non alimenta: perfecto.
Unha performan mundial na que ata o manipulador máis inesperado intervén coa súa pegada na obra, outro presente a carteira, o “matasellador”, o pesador pesado dos franqueos que oponse novamente a un envío que non sexa dunha normalización atosigante, aburrida, de estadillo bancario.
- ¿E logo? … ¿e logo, isto pode ser enviado?.
- Sí.
- Pois sí
e xa resulta aceptado pero o performan da oficina de correos e toda unha obra teatral que racha coas dúas dimensións do papel e converte cada unha delas en AUSENCIAS, ESENCIAS E PRESENCIAS.

Etiquetas: ,

Páxina Principal - Inicio páxina - Sembranza <body bgcolor=#FFFFFF>