noticias M.Bonabal: Taller de MAIL ART na FUNDACIÓN GRANELL

12/06/2007

Taller de MAIL ART na FUNDACIÓN GRANELL

Os vindeiros 19, 20 e 21 de Xuño, de 17:30 h. a 20:30 a Fundación Eugenio Granell (Toural-Santiago de Compostela) aposta pola realización dun obradoiro de mail-art impartido por Manoel Bonabal e co apoio de Miguel Melero quen nos presentará súa convocatoria FAROS. (Estará exposta na sala onde traballaremos).

MAIL ART-ARTE POSTAL
Todos temos utilizado o correo, en calquera das súas manifestacións. E sempre tentamos darlle una personalización ós nosos envíos, algo que os faga distintos.
No fondo estamos sendo creativos e manifestando a nosa vocación artística.
Todos fomos e somos mail artistas. Preténdese neste taller indagar no noso potencial expresivo. Como encarreira-las nosa obras e recibi-las dos demais. (O correo postal, internet, participar en convocatorias …).
Un taller de Mail Art nun mundo artístico onde as nosas exposicións non atoparán xurados, seleccións, os temas e formatos son libres. Fora dos circuítos comerciais.

Desexamos manifestarnos artisticamente, compartir e recibir obras.
O TALLER É TOTALMENTE ABERTO, A SÚA AXENDA A DECIDIREMOLOS PARTICIPANTES.

OBXECTIVO
A presenza de autores galegos nas distintas convocatorias mundiais que cada día estanse a organizar e case mínima. Podemos falar de menos de dez mail artistas (por non dicir menos) os que están a traballar hoxe no noso pais. Crear un taller no que xurdan ou polo menos que a fame de seguir coñecéndoo, será o obxectivo primordial que leva a súa organización.


ORGANIZACIÓN DO TALLER
Asistentes:
Máximo 13 , mínimo 3 persoas asistentes.

Horario:de 17:30 h. a 20:30

Data de realización: 19, 20 e 21 de Xuño

Materiais necesarios. A aportar polos asistentes.

Material necesario para confección dunha carta "artística".:
Exemplo:
BASE cartón, libro vello, plástico, táboa, papel de calquera tipo, etc.,
e outros para manipulalo: exemp. pintura, rotuladores, cuter, cinta adhesiva, cordel, pincel etc. O que cada asistente prefira.
Franqueo postal (chegaría 1 ou 2 Euros).

Etiquetas: ,

Páxina Principal - Inicio páxina - Sembranza <body bgcolor=#FFFFFF>