A exposición Art Natura na que participan máis de 140 artistas e escritores galegos coa temática da defensa do medio natural inaugúrase este xoves 17 de abril ás 20:00 no Museo Municipal Manuel Torres de Marín. O museo está situado na Avenida de Ourense nº 3 de Marín. Na inauguración estarán presentes membros de ADEGA e máis a Concelleira de Medio Ambiente de Marín, Pilar Branco. A exposición permañecerá neste museo dende o día 17 de abril até o 5 de maio. A mostra realízase coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Marín e as consellerías de Cultura e Medio AmbienteEtiquetas: noticias
<< Home