Remate da exposición ART-NATURA (Compostela)
Do 2 ao 9 de setembro. A exposición Art Natura, na que participan máis de 140 artistas e escritores galegos coa temática da defensa do medio natural inaugúrase este martes 2 de setembro ás 20h na sala de Exposicións da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre (Vía Edison nº 1, Compostela). No acto estará presente unha representación dos/as artistas colaboradores/as xunta á Presidenta de ADEGA, a Concelleira de Cultura de Compostela e a Delegada da Consellería de Cultura e Deporte. A exposición permanecerá aberta dende o día 2 até o 9 de setembro. É da derradeira ocasión de visitar unha mostra que estivo 2 anos xirando polo país e na que colaboran a Concellería de Cultura de Compostela e as consellerías de Cultura e Medio Ambiente.Etiquetas: Proxectos
<< Home