noticias M.Bonabal

26/03/2009

Nace Laboratorio de Colaboración Artística

LCA, Laboratorio de Colaboración Artística (asociación cultural sen ánimo de lucro, Nº 2008/012429-1 (SC)) está integrada por creadores e profesionais do ámbito cultural galego e ademáis de xestionar o Roteiro de Creación, nace como plataforma para realizar, promover e apoiar a actividade artística durante todo o ano.Pretende impulsar o diálogo, a cooperación, a formación e o intercambio de experiencias entre productores visuais, críticos ou espazos de creación contemporánea, tanto a nivel nacional como internacional.O Roteiro de Creación, é unha cita anual que permite aos cidadáns transitar polos talleres de artistas, espazos expositivos e demais lugares de difusión das artes en Santiago de Compostela, e celebrará a súa terceira edición na primeira quincena de xuño

Etiquetas: , , ,

07/02/2009

Convocatoria 2009 do Roteiro de Creación


Este ano a III convocatoria do Roteiro de Creación, xa está aberta. Organizado polo L.C.A. -Laboratorio de Colaboración Artística-, impliqueime un pouquiño máis e colaboro con esta asociación para levalo a cabo dentro do que eu poida facer.







Etiquetas: , , , ,

ponlle un nome

Participei el algunha das reunións do proxecto "ponlle un nome" que interesoume pola expansión (redes) que propón. Decateime que xa tiña en Mail Art esta percura.
ENLACE NOTICIA

Etiquetas: ,

02/09/2008

Remate da exposición ART-NATURA (Compostela)

Do 2 ao 9 de setembro. A exposición Art Natura, na que participan máis de 140 artistas e escritores galegos coa temática da defensa do medio natural inaugúrase este martes 2 de setembro ás 20h na sala de Exposicións da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre (Vía Edison nº 1, Compostela). No acto estará presente unha representación dos/as artistas colaboradores/as xunta á Presidenta de ADEGA, a Concelleira de Cultura de Compostela e a Delegada da Consellería de Cultura e Deporte. A exposición permanecerá aberta dende o día 2 até o 9 de setembro. É da derradeira ocasión de visitar unha mostra que estivo 2 anos xirando polo país e na que colaboran a Concellería de Cultura de Compostela e as consellerías de Cultura e Medio Ambiente.

Etiquetas:

01/04/2008

"1 folio"

RECOMENDO:
1 folio
UN visita http://1folioblogspot.com/.
DOUS descarga o modelo "1 folio".
TRES fai o teu propio fancine "1folio".
CATRO imprime ou fotocopia "1folio" as veces que ti queiras.
CINCO deixa os teu "1 folio" onde ti queiras as veces que precises.
SEIS e se che apetece mándao a: unfolio@gmail.com para que o colguemos no blog.

Etiquetas: ,

03/05/2007

Nace DC nº 01 Abril.

Hoxe coñecín no estudio a Pablo Portero. Deixoume unha nova revista que naceu en Abril e que dirixe.
Deséxolles o millor, longa vida e grandes tiradas.

Etiquetas:

18/01/2007

Vindeiro cadro a facer (xaneiro 2.007)


Hai cadros que xa están feitos, eu só vou tomalos da parede e levalos a tela

Etiquetas:

14/11/2006

Texturas na parede

Boceto existente na rúa (vai ser difícil crear unha obra igoal) ...


Etiquetas:

Páxina Principal - Inicio páxina - Sembranza <body bgcolor=#FFFFFF>