Viaxar a pé en BOIRO
A exposición "Viaxar a pé", coordinada pola socia de Barbantia Marian Paredes, inaugúrase o próximo 5 de setembro as 20:30, na Casa de Cultura de Boiro.
"Viaxar a pé" é un proxecto desenvolvido polo alumnado de 8 a 12 anos do CEIP Emilio de Navasqüés, Outes, e persegue como obxectivo principal espertar o gusto polo mundo da arte,
a xeito de ofrecerlles un achegamento a diferentes artistas e correntes da arte contemporánea, adentrándonos, así, no mundo da fantasía dun xeito lúdico, e usando como soporte de experimentación un obxecto atípico a tal fin, pero usual no noso contorno, como é… un “zapato”.
E todo isto, cos recursos que nos ofrece o material de refugallo que inunda a nosa redonda, sen que sexamos conscientes do seu potencial artístico-lúdico.
Cómpre destacar o diálogo creado, arredor desta proposta, coa incorporación das obras dos/das diferentes artistas que se prestaron a participar coas súas interpretacións no proxecto.
"Viaxar a pé" é un proxecto desenvolvido polo alumnado de 8 a 12 anos do CEIP Emilio de Navasqüés, Outes, e persegue como obxectivo principal espertar o gusto polo mundo da arte,
a xeito de ofrecerlles un achegamento a diferentes artistas e correntes da arte contemporánea, adentrándonos, así, no mundo da fantasía dun xeito lúdico, e usando como soporte de experimentación un obxecto atípico a tal fin, pero usual no noso contorno, como é… un “zapato”.E todo isto, cos recursos que nos ofrece o material de refugallo que inunda a nosa redonda, sen que sexamos conscientes do seu potencial artístico-lúdico.
Cómpre destacar o diálogo creado, arredor desta proposta, coa incorporación das obras dos/das diferentes artistas que se prestaron a participar coas súas interpretacións no proxecto.
Etiquetas: noticias
<< Home